PRÓXIMO CONCERTO:


18 Maio 2024
Igrexa Sta María La Blanca
VILLALCÁZAR DE SIRGA (Palencia)
- Camiño de Santiago -

Concerto en Noia (A Coruña), Agosto 2023
Rede Cultural da Deputación da Coruña

XIRA ITALIA 2023

No verán de 2023 visitamos por primeira vez Italia para cantar en Asís:
na Basílica de San Francisco e no Mosteiro de Santa Clara.
Tamén tivemos a oportunidade de cantar na Basílica de San Petronio en Bolonia.

XACOBEO 21-22:

Canta Compaña actuou no Santuario do Cebreiro e na Catedral de Santiago, 
como fin dos actos do Ano Xacobeo 21-22
 
Santuario do Cebreiro, Camiño de Santiago
5 de novembro de 2022 
 
Misa do Peregrino, Catedral de Santiago
27 de novembro 2022

  
Concerto no Mosteiro de Sant Joan de les Abadesses (Girona)
21 de agosto de 2022

CANTA COMPAÑA CON JOSU ELBERDIN


O recoñecido compositor e director Josu Elberdin compartiu con Canta Compaña unha fin de semana de ensaios en Santiago de Compostela. Para nós foi un gran privilexio e unha vivencia única. Unha humanidade tan grande como a súa música.
Eskerrik asko, Josu!

  
Fin de semana de ensaios na Posada de Gaspar, en Rabanal del Camino,
Preparando o noso novo repertorio. Abril 2022

 Canta Compaña na Feira do Románico de Negreira, Setembro 2021


Canta Compaña no Mosteiro de Nª Sra. de la Vid (Burgos)
9 Agosto 2020
Novo vídeo na nosa canle de YouTube

  
Adventi Enek (Veni, veni, Emmanuel)
Zoltán Kodály

Xornadas de ensaios na Maragatería, no Camiño de Santiago. 
Preparando o novo repertorio para os interesantes proxectos de 2020

QUERES CANTAR CON NÓS?

Buscamos novas voces.
Non é necesaria experiencia previa.
Estamos buscando xente coma ti!
 Se vives na zona da Coruña,
anímate a formar parte do ilusionante 
proxecto de Canta Compaña
cantacompana@yahoo.es
TF: 655 670 417
Concerto no Castelo de San Felipe, Ferrol. 
21 Setembro  2019
Imaxe: Diario de Ferrol. D. Alexandre

CONCERTOS EN NAVARRA 2019:


Colexiata de Roncesvalles. Camiño de Santiago, 20 Agosto 2019












Santuario de 
San Miguel de Aralar, 
18 Agosto 2019 



Igrexa das Clarisas. Olite, 14 Agosto 2019

CONCERTO EN MEMORIA DE ENRIQUE VEIRA



O pasado 1 de Maio foi un día moi especial para Canta Compaña.

Acompañados de antigos membros, do Grupo Vocal SondeNós e do Coro Ludus Tonalis, ofrecimos un concerto en Memoria do noso querido Enrique.



Familia, amigos e compañeiros encheron a Igrexa de Santiago da Coruña para lembrar a Enrique, membro fundador do coro, ao que temos e seguiremos tendo moi presente no noso día a día.